Venres. 05.06.2020
El tiempo

O PSOE de Ponteceso denuncia que o alcalde que subir o auga un 18%

O PSOE de Ponteceso denuncia que o alcalde que subir o auga un 18%

Denuncia hoxe o grupo do PSOE de Ponteceso que o alcalde José Luís Fondo Aguiar prantexa unha subida do 18,62% nos impostos do auga e saneamento. Unha subida que chega para a oposición, "no peor momento da crise para as familias de Ponteceso", e considera que hai outros "gastos supérfluos" que se poden suprimir, como a propia subida de soldo do alcalde en 5.000€ anuais (de 44.000 a 49.000 euros).
"O PSOE está radicalmente en contra das subas de taxas por riba do IPC, menos dun xeito tan brutal. Só en bombeo dende o río Anllóns hai solucións enerxéticas para conseguir un aforro neto no abastecemento", afirman. Lembran ademais que "en Ponteceso todos os concelleiros teñen un soldo, e somos o único concello de 6.150 habitantes que dedica 147.000 euros cada ano a pagar soldos ós políticos do partido do goberno".

Así, este venres 23, ás 09:00h, o Pleno pontecesán tratará o asunto. Por iso dende o PSOE animan á veciñanza a acodir ao pleno para presionar a decisión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

comentarios