Venres. 17.05.2024
El tiempo

A oposición planta o pleno de Ponteceso

A oposición planta o pleno de Ponteceso

Cada vez están máis tensas as relacións entre os grupos municipais do Pleno de Ponteceso. No do pasado luns, os 4 edís de PSOE, BNG e APIN deixaron as súas cadeiras de edís para sentar no espazo do público, amosando así a súa "disconformidade coas formas do alcalde".

E o fixeron despois de ler un documento, depois, segundo eles de que "o alcalde lle adicase todo tipo de insultos e menosprezos" ao voceiro de APIN. Tamén sentou no público os concelleiros do PSOE e por último o concelleiro do BNG "logo de defender unha moción sobre a mina de Corcoesto".

Os tres grupos da oposición leron un documento no que piden "unhas condicións democráticas para a celebración dos plenos":

Para que un Pleno teña utilidade para os veciños e veciñas que sosteñen as institucións cos seus impostos, é imprescindible que se respeten unhas condicións democràticas que non se cumpren no Pleno do Concello de Ponteceso:

  • Responder ás preguntas que se formulan no Pleno, aportando a documentación solicitada e que obra en poder do Concello antes do mesmo.
  • Respetar as intervenciòns dos concelleiros, non limitando o tempo das mesmas nin erguer o pleno cando lle apetece ó Alcalde.
  • Permitir a consulta libre e sen impedimentos polos concelleiros de toda a documentación que obra en poder do Concello en aras da transparencia e vista a delicada situación económica do Concello.
  • Respetar o papel dos concelleiros, cesando a estratexia de persecución ós concelleiros nos seus empregos, propiedades, mesmo utilizando medios públicos para prexudicar ós representantes lexítimos do pobo.
  • Redactar por consenso un novo Regulamento de Funcionamento Pleno que permita a participación cidadà, cambiando o horario do mesmo ó serán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APIN.

Comentarios