Luns. 06.05.2024
El tiempo

Posta de longo en Madrid do Museo Torre Pujales de Corme

Posta de longo en Madrid do Museo Torre Pujales de Corme
Presentación na Casa Galicia de Madrid do Museo de Arte Contemporánea de Corme coa presencia de Cristina Torres Cervigon

Entre numerosas personalidades da cultura de toda España presentouse onte o Museo de Arte Contemporánea "Costa da Morte", proxecto que naceu como homenaxe ao pintor Julio Pujales pola iniciativa da súa viúva e creadora da Fundación Torre-Pujales. A presentación tivo lugar na Casa Galicia, seguindo a estela aberta hai apenas un par de semanas polo artista alemán de Muxía, Detlef Kappeler, e de feito, as súas obras aínda serviron de marco para a presentación.

Os membros da comitiva coincidiron en resaltar que "o Museo foi posible grazas á "forza, o dinamismo, o pulo e valentía de Cristina, para lograr o que logrou". Sinalaron que o Museo é unha mostra do que se pode facer "con pouco diñeiro e moita vontade; e grazas á Fundación que vai enriquecendo o proxecto a cada paso". Destacou da obra, a escaleira e os exteriores co pozo e cualificouno dende o punto de vista arquitectónico como un "proxecto discreto pero que cumpre a súa función", algo no que o profesor Parreño non estivo de acordo pois describiu a súa intervención na casa como "un traballo de microcirurxía".

Tomou a palabra a gran protagonista, a presidenta da Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte, Cristina Torre Cervigón. E tras os agradecementos ás persoas e institucións que apoiaron a súa iniciativa, fixo un pequeno repaso pola historia do Museo. Foi tras a morte do seu marido, cando ao ver a ampla colección de obras de arte que posuía, "un tesouro que quería compartir". Creou entón a Fundación e decidiu o lugar, que "tiña que ser Galicia" e como ademais Pujales era coruñés, e ademais ambos os dous adoraban o mar... Así foi descartando opcións ata encontrar en Corme o lugar idóneo.

Por último, interveu Pedro Tasende quen presentou o vídeo co proxecto "Os camiños do mar" feito polo pobo natal de Eduardo Pondal, o concello de Ponteceso, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Unión Europea. Un proxecto que agora estará complementado coa oferta cultural do novo Museo "Costa da Morte".

O acto finalizou cun animado coloquio no que numerosas persoas fixeron uso da palabra. Entre o público encontrábanse dende antigos alumnos de Julio Pujales e Cristina Torre, que aproveitaron a ocasión para agradecer o gran labor docente que realizaron na súa época de profesores, ata diversas cuestións. Entre elas a formulada á presidenta de Honra do Padroado do Museo Raíña Sofía Pilar Citolet sobre a posible colaboración entre o Raíña Sofía e o Museo de Corme, algo que Citolet, non descartou. "Aínda que non hai precedentes, podería estudarse”, dixo dubitativa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios