Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PSOE pontecesán, que valora os directivos da Fundacion EP, critica a baixa incidencia da wifi

O PSOE pontecesán, que valora os directivos da Fundacion EP, critica a baixa incidencia da wifi

Anunciabámola hai pouco a nova wifi de Ponteceso. I é que Ponteceso xa é un dos concellos máis avanzados no mundo 2.0, e se dende o propio concello informan dende o Facebook, a oposición anunciaba o seu candidato polo Twitter.

Pero hoxe o PSOE pomtecesán, critica que "a wifi, que custou 329.48€ do Plan E, actualmente non dá servicio á metade da poboación". Segundo a oposición "as parroquias de Pazos, Xornes, Tallo, A Bugalleira, o Polígono industrial e boa parte de Tella, están sen wifi". Denuncia o PSOE que "os empresarios de Pazos, unha das áreas máis dinámicas de Ponteceso, están moi enfadados coa situación". Ademais, "non existe un mapa de coberturas, nin se explicou por qué se escolleron unhas zonas do Concello e non outras", denuncian.

De case de 700.000 do Plan E, Fondo do Ministerio de Política Territorial ía destinado ó desenvolvimento tecnolóxico e ó cambio de modelo económico, o Concello só investiu na wifi os máis de 300.000€, deixando case que 80.000€ para o acondicionamento do entorno do centro socio-cultural de Canasteves (Ponteceso). e unha gran partida de 281.817,12 € serviu para a rehabilitación das escolas unitarias de Ponteceso, Tella, Tallo, Pazos, Campara, Xornes e Brantuas.

Reunión coa FEP

Manitivo Lois Carballido, o candidato do PSOE, unha reunión cos Directivos na Fundación Eduardo Pondal, os profesores pontecesáns José María Varela e Luis Giadás. Ademais de criticar a laboura do alcalde como presidente da Fundación, o candidato quere reafirmar o seu "compromiso coa FEP", poñéndose "á enteira disposición dos eruditos pontecesáns para aproveitar a figura de Pondal para crear emprego en Ponteceso".

Carballido apuntou da posibilidade de aproveitar o tirón Pondal como o lugar de nacemento de Shakespeare, que achega ao pequeno lugar de Strattfor 5,5 millóns de persoas ao ano, ou da posibilidade de promover unha miniserie ou telefilme en plan “biopic” da vida de Eduardo Pondal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios