![wifi_zone100]()
Así responde o PP de Ponteceso ás
acusacións dende o PSOE de que medio concello non ten cobertura. E califica as informacións da oposición como "barbaridades e mentiras, froito do descoñecemento".
O alcalde José Luis Fondo Aguiar, asegura que
"o polígono industrial de Ponteceso si dispón de rede wifi posto que acolle un dos emprazamentos da rede municipal multiservizos". De seguido o alcalde destaca a incidencia que está tendo a rede wifi posto que
en tres semanas conta xa con 200 usuarios e cada día seguen dándose de alta numerosos veciños e veciñas.
Fondo Aguiar lembra que Pazos, Xornes e Tallo teñen xa a súa antena wifi, que será surtida de caudal de internet en vindeiras datas, mentres que en Tella hai 4 antenas wifi instaladas.
E continúa explicando que "por razón técnicas e para dar cobertura a un maior número de habitantes, instalouse un anel con tres estacións (Valarés, Tella e Corme) wimax que permiten levar a sinal wifi dende o Concello ás antentas wifi (que pola frecuencia coa que traballan deben ter visión directa con calqueira das estacións citadas anteriormente)".
E finaliza: "En resumo
, estamos ante a primeira fase da Rede, que non é algo pechado, se non que seguirá crecendo e mellorando, xa que o goberno do PP de Ponteceso aposta por seguir ampliando a cobertura, e invitamos aos responsables do PSOE de Ponteceso a disfrutar da rede dándose de alta como usuarios".
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP de Ponteceso.