Domingo. 26.09.2021
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de vela e windsurf de Dumbría e Ponteceso

WhatsApp Image 2021-06-02 at 12.42.23
Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de vela e windsurf de Dumbría e Ponteceso

Xa está aberto, ata o 9 de xullo, o prazo de inscrición Cursos da Campaña de Vela e Windsurf da Deputación da Coruña. Cursos, destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, celebraranse en Ponteceso do 26 ao 30 de xullo, e en Dumbría do 2 ao 6 de agosto.

A quenda de Ponteceso celebrarase do 26 ao 30 de xullo no peirao de Corme, e conta cun total de 40 prazas, 20 en horario de mañá e 20 en horario de tarde. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase por sorteo, reservando 8 prazas en cada curso para os empadroados en Ponteceso. Ademais, será necesario un mínimo de 15 nenos/as inscritos para a celebración de cada curso.
O prazo para presentar as solicitudes está aberto e rematará o 9 de xullo. A Inscrición pódese realizar a través da sede electrónica ou nas oficinas municipais, con cita previa.

Debe presentarse a seguinte documentación: ficha de inscrición cuberta e asinada por nai/pai/titor, certificado ou volante de empadroamento, fotocopia do DNI ou libro de familia, xustificante de pago (unha vez se teña confirmada a praza), e, en caso de tratamento médico ou doenza, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

Para calquera dúbida falade cos departamentos de deportes municipais pero aquí podedes descargar os formularios de inscrición:

NOVAS RELACIONADAS

comentarios