Adiante por Ponteceso presentou tamén a súa lista: “Non imos pactar con ningún partido”

10:13 03/04/23
”Adiante por Ponteceso”, a plataforma veciñal independiente e plural, presentouse en Ponteceso este sábado. Esta agrupación de veciños, formada por promotores sen pasado político, considera que “poden administrar ó concello de forma autónoma”, e non pensan en pactos con ningún dos outros partidos. “Non necesitamos partido político ningún. Non nos fan falta”, sinalou o candidato Roberto Andrade. “Os votos de Adiante por Ponteceso serán para que goberne Adiante por Ponteceso, non para vender a outro partido político. Por iso nos presentamos”
Andrade lamenta “a inactividade e desidia dos partidos políticos presentes na vida municipal de Ponteceso, xa que abandonaron o noso concello á deriva dictatorial do actual alcalde”.
Andrade destacou a necesidade de priorizar as necesidades básicas do noso Concello.”Para nós, as principais necesidades teñen que ver coa terceira idade e as infraestruturas esenciais. Todas as parroquias son de primeira categoría e todas sen excepción deben ter un saneamento completo, un abastecemento de auga potable completo, un alumeado completo e unha limpeza impecable”, manifestou un candidato que agradeceu aos seus compañeir@s de lista sumarse ao proxecto “a pesar das presións externas exercidas por certos sectores políticos, sociais e económicos”.
MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS
- O Partido Galego de Ponteceso destaca na súa presentación o valor das persoas para normalizar a vida política.
- A alternativa veciñal ás eleccións de Ponteceso preséntase coas siglas do Partido Galego.
- Óscar de Souto, candidato de UCIN á alcaldía de Ponteceso.
- 7 candidaturas albíscanse para as Eleccións Municipais de Ponteceso:
- Roberto Andrade encabeza “Adiante por Ponteceso”