domingo. 10.11.2024
El tiempo

O Partido Galego de Ponteceso destaca na súa presentación o valor das persoas para normalizar a vida política

Presentacion do Partido Galego de Ponteceso na Teyma
Presentacion do Partido Galego de Ponteceso na Teyma
O Partido Galego de Ponteceso destaca na súa presentación o valor das persoas para normalizar a vida política

A Discoteca Teyma quedou pequena esta pasada noite de venres para a presentación do novo Partido Galego de Ponteceso. A alternativa veciñal xestada durante moitos meses fixo a súa posta en escena ante máis dun centenar de persoas.

O candidato Juan Vidal Torrado agradeceu a presencia dos asistentes e pedíu que o vindeiro 28 de maio se aposte pola forza que “vai aportar serenidade, humildade e diálogo”. Que haia 7 partidos deixa claro que a situación política non é boa, pero valoran que hai unha resposta veciñal ao caos municipal. Por iso, destacaron a importancia de poñer diante o valor das persoas e usando o Partido Galego como instrumento para normalizar a vida política municipal”.

Juan Vidal na Presentacion do Partido Galego de Ponteceso na Teyma
Juan Vidal 

Despois de facer un repaso pola vida do candidato, e da participación Suso Ares, presidente do Partido Galego, foron presentando o equipo formado por xente das 14 parroquias co que afronta os comicios, equipo ao que se seguirán unindo novas caras nos vindeiros días.

Polo escenario pasaron a número 2, Raquel Fondo, moi arroupada pola parroquia de Tella, Fernando Castro Andrade, tamén con moitos veciños de Tallo; ademais das Tania Rabuñal García, José Manuel Abelenda, María Jesús Ordóñez Cures, Lorena Oreiro Varela.

Nas vindeiras semanas comezarán a realizar unha serie de reunións cos colectivos económicos, sociais e culturais das 14 parroquias.

Publico na Presentacion do Partido Galego de Ponteceso na Teyma

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

Comentarios