Roberto Andrade encabeza “Adiante por Ponteceso”
A carreira polas municipais de maio xa está aquí. En Ponteceso, tras anos convulsos da vida política, imos ter varias novidades, entre elas a de “Adiante por Ponteceso”, “unha plataforma veciñal, democrática e plural afastada dos partidos políticos convencionais”, formada por “veciñas e veciños que nunca estiveran vinculados á política institucional” que deciden “dar un paso adiante e traballar na creación dunha plataforma veciñal”.
Á fronte estará Andrade Santiago, veciño da Graña, funcionario da Xustiza e representante sindical de FAC-USO. Ao seu carónxentes como Alejandro Torrado, María Castro, C. Rosario Amarelle, Carlos Martín, José Cotelo, Carlos Abelenda, Víctor González, Darío García, Miriam Pose, Andrés García (DrewKorme) e José Manuel Rama.
Propoñen cinco liñas de actuación básicas::
- A participación cidadá,
- A transparencia,
- A tolerancia cero coa corrupción e o clientelismo político.
- Unha xestión eficiente dos recursos económicos e servizos sociais do concello.
- Sempre enfocadas á fixación de poboación xunto coa creación de emprego.
”Existe unha alternativa de presente e de futuro que aporta sentido común”, sinala Andrade.