Martes. 19.03.2024
El tiempo

A alternativa veciñal ás eleccións de Ponteceso preséntase coas siglas do Partido Galego

JUANVIDAL-CANDIDATO Partido Galego Pontecesi
Juan Vidal é o candidato do Partido Galego Ponteceso
A alternativa veciñal ás eleccións de Ponteceso preséntase coas siglas do Partido Galego

Imos identificando as siglas dos 7 partidos que se presentarán (ou intentarán xuntar listas) ás Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio en Ponteceso.

Hoxe presentamos o grupo veciñal que participará baixo o paraugas aberto do Partido Galego. Falamos da alternativa veciñal que leva xestándose durante máis dun ano, que recolle parte do cabreo xerado no seo dos concelleiros non adscritos durante esta lexislatura, pero trata de ser máis aberto e cunha alta dose de rexeneración. Así, só a ex socialista Raquel Fondo formará entre os postos altos da lista.

Unha lista encabezada por Juan Vidal Torrado con persoas das catorce parroquias, que se presentará este venres 17 de marzo ás oito da tarde na Discoteca Teyma en Ponteceso.

Juan Vidal Torrado ten 48 anos, é natural de Corme, casado con tres fillos, vinculado ao mundo do asociacionismo no Concello de Ponteceso. Juan foi un dos impulsores da Semana Santa cormelán así como tamén participa activamente noutras asociacións. A nivel empresarial, tivo o DIA de Ponteceso, negocio que rexentou ata hai poucos anos coa súa dona, apostando sempre polo Concello de Ponteceso na súa vida. Juan traballa na actualidade nunha coñecida aseguradora e forma parte do servicio de decesos.

Ao seu carón estarán xentes como:

  • Fernando Castro Andrade, 50 anos de idade, natural da parroquia de Tallo. Propietario dunha empresa de transporte.
  • Tania Rabuñal García, 34 anos de idade, natural de Pazos e traballadora do sector educativo.
  • Raquel Fondo Pérez. Natural de Tella, traballadora do sector da hostalaría e vinculada ao mundo político e asociativo.
  • María Josefa Ordóñez Cures, 64 anos de idade, natural da parroquia de Niñóns. Redeira.
  • José Manuel Abelenda, 60 anos, xubilado de Xornes.
  • Lorena Oreiro Varela, 40 anos. Traballadora dunha cooperativa agrícola de Xornes.

O Partido Galego conta con máis de 30 persoas traballando neste novo proxecto que encara as eleccións do vindeiro 28 de maio “con optimismo e con gañas de contribuír ao cambio necesario despois dunha lexislatura para esquecer. Buscamos o cambio que aporte seriedade, estabilidade e tranquilidade ao Concello de Ponteceso”, explican.

Máis novas das Eleccións

Comentarios