Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A aldea da música acolle o primeiro concerto en homenaxe a Mourelle

Concertos de Insua de Viastela en Fronxa
A aldea da música acolle o primeiro concerto en homenaxe a Mourelle

A recén constituída Asociación Cultural Insua de Viastela ten todo preparado para o primeiro dos tres concertos que ten formulados, de momento, no marco do completo programa de homenaxe ao Almirante Mourelle da Rúa.

Uns concertos que rondarán arredor das figuras de Haydn, Beethohen e Mozart, tres dos contemporáneos de Mourelle máis coñecidos da historia da música clásica. Ninguén mellor que Suso de Basilio para facer as presentacións e poñernos en situación.

A primeira cita, a actuación de Cecilia Burillo, a nova revolución muslcal da comarca da TraskiBand, ao violonchelo, será este sábado 3 de xullo ás 18:00h no río de Froxán, e non é baladí esta escolleita, xa que Froxán é coñecida como a aldea da música, onde había un músico debaixo de cada pedra.

Máis adiante coñeceremos outros concertos na Igrexa de Corme e na Igrexa de Corme-Aldea.

Novas relacionadas

Comentarios