Xoves. 16.09.2021
El tiempo

A Asociación Cultural Viastela presentouse en sociedade chea de ilusión

Asociacion CUltural Viastela presentase en Corme
Fernando Vidal Collazo, María Suárez, Suso Lista e Óscar Rey Calo na presentación na praza da Ribeira de Corme
A Asociación Cultural Viastela presentouse en sociedade chea de ilusión

Arrincou este sábado o completo programa cultural de verán da Asociación Cultural Viastela arredor da figura de Mourelle da Rúa. Puido celebrarse na Praza da Ribeira, pero se cadra non foi a mellor idea, porque xusto ao remate da presentación das intencións da Asociación, comezou a chover, tendo que adiar para o próximo sábado o primeiro encontro arredor da viaxe polos Mares do Sur do nagevante cormelán.

En calquera caso, o acto serviu para presentar en sociedade a entidade, e as diversas xentes que a conforman. Non puido estar o malpicán Xosé Manuel Varela, pero si o fixeron Fernando Vidal Collazo, María Suárez, Suso Lista e Óscar Rey Calo, as outras 4 patas desta asociación que nace unida polo “amor da cultura, historia e o patrimonio cormelán, bergantiñán e galego”.

De feito, a ilusión con todos estes proxectos foi a nota máis destacada desta presentación, que tamén de clara a intención de colaborar con outras entidades e asociacións da comarca.

Na cita tamén lembraron outra boa nova, o avanzada que está a reedición do Libro de Landín, “Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico”, a través do Concello.

Máis programa

A vindeira semana, o 26 xuño, haberá un novo Encontro, desta volta no Salón de Actos da Confraría de Corme, conxuntando as historias de Mourelle nos Mares do Sur (as viaxes á Illa Babao á bordo de A Princesa hai 271 anos) e facendo tamén unha conversa sobre os “inicios da navegación científica”, falando de grandes navegantes como Mourelle, pero tamén como Cook, Malaspina ou La Perouse.

Seguiremos falando despois sobre o programa que irán debullando para xullo e agosto. Non perdades a etiqueta #bicentenariomourelleenCorme para coñecer toda a historia desta figura infravalorada.

Novas relacionadas

comentarios