Venres. 17.05.2024
El tiempo

Alumn@s e av@s encóntranse no 50º aniversario do CEIP Eduardo Pondal

50 anos do CEIP Eduardo Pondal
Alumn@s e av@s encóntranse no 50º aniversario do CEIP Eduardo Pondal

Este domingo 19 de xuño é un día moi especial no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso. Porque celebrar 50 anos non se celebran todos os días. A cita pretende convertirse nun emotivo reencontro para numerosas xeracións de alumn@s.

”Para nós é un momento moi emocionante, pois sentímonos co privilexio de poder acompañar tanto á escola como á comunidade educativa; mais a maior emoción e ilusión é poder ofrecer un espazo de Reencontro: reencontro entre o profesorado, conserxes, persoal de limpeza, persoal de comedor e o alumnado (sendo agora pais e nais, avós e avoas do actual alumnado)”, explican dende a directiva do centro.

A partir das 12:00h, o mestre, e pai de dúas alumnas, José Venancio Ures Barca, dará a benvidade e irá presentando as actividades como mestre de cerimonias. As súas aportacións nesta escola foron cruciais no proceso de dixitalización e modernización, este curso académico, será o seu derradeiro como mestre, polo que a súa participación será moi emotiva.

Unha das primeiras voces que se escoitarán será a de Venancio Graña, o primeiro director, e fundador dun colexio que arrincaba con 800 matrículas.

Despois das súas, seguro emotivas, palabras, darase paso a interesantísmo un Faladoiro entre o alumnado da primeira promoción e a promoción deste curso presente. Unha cita que servirá para comprobar como pasan os anos e que diferencias hai entre aquela xeración que abría a escola en 1971, e os xa nados en pleno século XXI. De feito, moitos deses primeir@s alumn@s son av@s dos alumnado actual .

Tamén intervirá o actual director, José Manuel García Villar, que coa súa persoa representa ao alumnado dunha etapa intermedia, xa que foi alumno desta escola dende o curso 1976-77 ata finalizar os seus estudos primarios. Tamén formou parte da comunidade educativa como pai dunha alumna e incorporouse ao centro como mestre no curso 2017-18 e xa no seguinte, comezou a exercer o cargo de director ata o momento presente. Na súa persoa concéntrase moito do espíritu desta escola (alumno, pai, mestre, director).

Pecharase o acto co descubrimento dunha placa conmemorativa e coa actuación da Coral Montebranco. Pero antes, Xerardo Blanco Torrado, membro da Coral, e membro da comunidade educativa do centro, vai dar outras verbas.

Finalmente, a alma máter deste acto, vai ser outra mestra que deixa de exercer este mesmo curso académico, Piedad Gómez. É unha mestra activa e comprometida, que impulsou e organizou múltiples actividades extraescolares e complementarias: como as PDI do centro ( Proxecto de Desenvolvemento Integral) e Festivais de fin de curso.

Programa

  • 11:45 h. Ábrese as portas da escola.
  • 12:00 h. Apertura do acto a cargo de Venancio Graña:
    - Faladoiro no CEIP. Eduardo Pondal (a cargo de alumnado da 1a e última promoción);
    - Intervención do actual director, José Manuel García Villar. Descubrimento da Placa Conmemorativa.
    - Actuación da Coral Montebranco.

Novas relacionadas

Comentarios