Venres. 03.05.2024
El tiempo

O alumnado do IES Eduardo Pondal xa ten o seu Carné Xove

IES Eduardo Pondal Poonteceso alumnos dentro
O alumnado do IES Eduardo Pondal xa ten o seu Carné Xove

Ducias de rapaces e rapazas do IES de Ponteceso xa poden presumir de ter o seu Carné Xove. Na mañá do pasado xoves 11 o centro recibía a a visita de Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, para impartir un obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3º ESO PDC, no marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”. Ademais, aproveitou a ocasión para ofrecer o Carné Xove á rapazada que o quixese. Tamén trouxo carnés de alberguista para o alumnado do equipo de convivencia “Tecendo Pontes”, que na primavera viaxará a Madrid para un intercambio co IES Miguel Catalán de Coslada. 

A iniciativa foi todo un éxito xa que se fixeron ducias de carnés. 

“Correspondentes Xuvenís” é un Plan Proxecta que se desenvolve durante este curso no IES Eduardo Pondal. O seu obxectivo é formar voluntariado entre os alumnos e alumnas participantes para difundir a información entre iguais, de xeito que sexa a propia rapazada quen selecciona e difunde a información que poda ser do seu interese. 

Máis novas do centro

Comentarios