Martes. 11.05.2021
El tiempo

O alumno do IES de Ponteceso David Méndez Redondo, entre os 5 mellores da Olimpiada de Xeoloxía estatal

David Mendez Redondo do EIES Eduardo Pondal olimpiadaxeonacional
David Méndez Redondo fixo un gran papel na Olimpiada de Xeoloxía
O alumno do IES de Ponteceso David Méndez Redondo, entre os 5 mellores da Olimpiada de Xeoloxía estatal

O pasado sábado celebrouse a fase nacional da XII Olimpiada de Xeoloxía na que participaban os gañadores das fases locais que tiveron lugar o pasado mes de febreiro. Un deles foi David Méndez Redondo, IES Eduardo Pondal de Ponteceso, (que tamén meteu un grupo nas finais de febreiro) que participou nestas probas acadando a 5ª posición entre os cerca de 70 participantes, todos eles os mellores nas súas Comunidades respectivas.

A proba realizouse de xeito virtual debido á excepcional situación causada polo COVID-19 e consistiu e dúas probas, teoría e práctica, e que este curso versaron fundamentalmente sobre os riscos derivados dos procesos xeolóxicos.

”Dende o IES Eduardo Pondal de Ponteceso onde David cursa estudos de 2ª Bacharelato quixémoslle recoñecer o importante mérito que dito resultado representa cun agasallo. Tremendamente orgullosos dos nosos alumnos, novamente exportamos talento dende a Costa da Morte”, sinala Isabel Segura, profesora de Bioloxía e Xeoloxía no centro.

Novas relacionadas

comentarios