venres. 08.11.2024
El tiempo

Alumnos de todo o país coñecen Ponteceso

Alumnos de todo o país coñecen Ponteceso

Un bo xeito de dar a coñecer os tesouros dun Concello é artellar un programa de visitas guiadas, mediante o cal, calquera colectivo educativo, social e cultural, poida optar con facilidade a facer unha excursión guiada poll teu municipio. Nesa liña traballa moi beno Concello de Ponteceso que a través do Departamento de Turismo desenvolve un completo programa de visitas

Quen mellor ademais que o propio Técnico de Turismo pontecesán, Javier Couto, para facer de guía. Nótase no seu xeito de falar o seu amor polas terras do bardo, e por cada recuncho con encanto. E así o notan os que teñen a sorte de cruzarse con el no Camiño.

Como os 80 alumnos de 1º de Secundaria do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, que o pasado martes percorrían os puntos claves do Concello acompañados por 4 mestres e polo guía de excepción.

Animamos así a todos os centros de ensino da bisbarra a que coñezan o Concello pontecesán a través deste programa, e facemos o propio cos concellos da bisbarra para que artellen programas semellantes.

A visita, que se pode preparar tamén dende a web de Turismo do Concello de Ponteceso, permite facer diferentes rutas:

Máis información e solicitudes

As solicitudes presentaranse con 15 días de antelación no Concello de Ponteceso, o grupo será alomenos de 15 persoas, e o servizo de guía é de balde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios