Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso fai balance turístico do verán

O Concello de Ponteceso fai balance turístico do verán

Envíanos hoxe o Concello de Ponteceso, un resumo do funcionamento dos puntos de información turística do Concello en Corme e Ponteceso. I é que foron moitos os que visitaron as marabillas deste Concello, que tanto coida o seu portal turístico. Unha das visitas máis especiais do verán foi a do O boneco Stabry.

Turismo en Ponteceso

568 turistas pasaron a pedir información polos Centros Culturais de Ponteceso (324) e Corme (244). A mala nova é a diferencia entre o mes de agosto e os de xullo e a primeira quincena de setembro, pois en agosto pasaron preto de 400, mentres que en xullo non pasaron das 150.
Segue habendo, pois, moito traballo para solventar o problema da desestacionalización.

Ademais fai un repaso á participación nas saídas a pé polo Concello, que tiveron moi boa acollida entre veciños e turistas. De feito, no programa Discorrer o pé da auga, pensado para persoas maiores de 60 anos, participaron máis de 90 persoas nas dúas saídas ata Valarés e polo Anllóns.
As marchas nocturnas tamén tiveron o seu público e 45 persoas disfrutaron das marabillas do Concello nas dúas saídas programadas.

Horarios de oficinas

Os puntos de información turística no Centro Cultural de Ponteceso e na Oficina Municipal en Corme permanecerán abertos durante o inverno en horario de 09.00h a 13.00h.<(/p>

Por outra banda, iníciase o horario de inverno no Centro Cultural de Ponteceso.
- Pola mañá de 09.00h a 13.00h. Biblioteca, aula de Informática, OMIX e Punto de información turística. De luns a venres.
- Pola tarde de 16.00h a 20.00h. Biblioteca e Aula de Informática. De luns a venres..

A aula municipal de informática de Corme permanecerá aberta de 18.30h a 20.30h de luns a venres.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios