Martes. 15.10.2024
El tiempo

Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP

Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP
O propio Siro Lopez debuxa aos Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015, Ángel Carracedo, Guadi Galego e Margarita Ledo xunto ao debuxante O propio Siro Lopez debuxa aos Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015

Un ano máis a Fundación Eduardo Pondal quixo homenaxear a 4 persoas de relevancia no eido da cultura galega. Os galardóns "Bos e Xenerosos" foron repartidos este 2015 para grandes persoeiros do país, de todas as ramas.

Un científico, o xalleiro Ángel Carracedo; unha polifacética xornalista e cineasta, Margarita Ledo; o debuxante Siro López e a cantante Guadi Galego foron escollidos este curso polo padroado da fundación pontecesá.

Todos son premios a persoas de alta envergadura que non esquecen as súas raíces. Precisamente esa humildade e esas gañas de manter ben preto o sentido de país, de terra e de comunidade, fainos máis que merecedores deste galardón.

Foi unha entrega emotiva, con representación da Xunta, e sobre todo, grandes personalidades do mundo cultural, pero tamén coas novas xeracións presentes para ir facendo canteira, e darlle un ton máis agudo ao Himno Galego, co que sempre rematan estas citas da FEP.

Siro Lopez con Neira Vilas na Enterga dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Elou Vidal Siro Lopez con Neira Vilas na Enterga dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Elou Vidal Entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Elou Vidal 2 Entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Eloi Vidal Entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Eloi Vidal Entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2015-Foto-Eloi Vidal

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios