sábado. 09.11.2024
El tiempo

Aprobado o proxecto da senda peonil do Couto

O Couto-Ponteceso
Aprobado o proxecto da senda peonil do Couto

Xa van 9 meses dende que a Xunta presentaba o proxecto no Couto. Pero estas obras avanzan moi paseniño. Onte a Xunta publicaba no DOG a aprobación do proxecto de execución dunha senda peonil na AC-424 ao seu paso polo Couto.

Será unha prolongación da xa existente, para completar a senda que uniría a ponte do Anllóns coa rotonda de Balarés. Construirase un itinerario peonil por ambas as dúas marxes da travesía desta estrada autonómica, entre os puntos quilométrico 1+090 e 1+543.

Deste xeito, terase que estreitar a calzada e a velocidade reducirase a 40km/h.

Esta actuación, que disporá dun prazo de execución de tres meses, conta cun orzamento autonómico de máis de 320.000 euros, incluídas as expropiacións necesarias.

Novas relacionadas

Comentarios