Arrinca a 26ª edición do Ciclo de Teatro de Ponteceso centrada na muller
12:00 30/10/19
Tempo de outono, tempo de teatro, como podedes comprobar na #AxendaCostadaMorte. E mentres algúns Concellos como Vimianzo ou Muros, apostan pola programación continua, outros fomentan a chegada de ciclos temporais ben interesantes. É o caso do XXVI Ciclo de Teatro de Ponteceso, que comeza este sábado 2 de novembro, e que ten á muller como unha das grandes protagonistas.
As compañías A Panadaría, Mofa&Befa, Talía Teatro, Malasombra e Señora Supina achegarannos as súas propostas para un público xuvenil e adulto.
As funcións celebraranse todos os sábados ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas. A venda de entradas realízase xa na oficina de Tesourería, na Casa do Concello. O prezo é de 3,06€.
- 2 de novembro: “Elisa e Marcela” – A Panadaría.
- 9 de novembro: “Cinco mulleres que comen tortilla” – Señora Supina.
- 16 de novembro: “Bernarda” – Malasombra Producións.
- 23 de novembro: “Cranios privilexiados” – Mofa & Befa.
- 30 de novembro: “Vida de cans” – Talía Teatro.