Arrinca a completa Semana Cultural de Brantuas-Niñóns
Trala presentación realizada o pasado domingo, este sábado 31 de agosto dá comezo a XVI Semana Cultural Brantuas-Niñóns. Unha Semana que manterá actividades diarias ata a Romaría da Virxe do Faro, que celebra o domingo 8.
O sábado 31, a cousa comeza en clave de sendeirismo, cunha saída a pé polo patrimonio da man de Luís Giadás. Pola tarde haberá maxia para a rapazada e as Pandeireteiras Su a Cerca tocarán a paritir das 21:00h na Casa do Pobo.
Par o domingo, Gabriel Varela Pose presenta a biografía de Manolo de Soneira, antes da actuación do violinista Simón Gallego e dos pinchos.
A actividade continúa ao longo da semana, con actuacións e pinchos cada tardiña.
O venres 6 de setembro estrean a Festa Mariñeira, e o sábado, na previa da romaría, nov o percorrido histórico pola mañá, olimpiada e xogos populares pola tarde, e concerto de De Vacas pola noite.
Máis novas