Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao servizo de ofertas de emprego da Xunta

  • A Conselleira aproveitou para facer campaña co PP local
A Conselleira Lorenzana con Jose Ramon Pombo
A Conselleira Lorenzana con Jose Ramon Pombo
A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao servizo de ofertas de emprego da Xunta

Visitaba onte a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, Ponteceso. Facíao por dous motivos, un encontro cos Empresarios e outro coas mulleres do rural.

Primeiro foi recibida por José Manuel Pombo, presidente da Asociación de Empresarios da vila, para asinar o convenio que une á entidade ao sistema de difusión de ofertas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Unha iniciativa do Goberno galego que busca conectar oferta e demanda para dar resposta ás vacantes do mercado laboral, facendo que as ofertas teñan máis vibislidade entre os demandantes de emprego..

Screenshot_20230323_223344_WhatsApp copia

Despois do acto Lorenzana acompañou á candidatura do PP de Ponteceso na visita a dúas empresas, e tamén á realización na Asociación Monte Blanco dun encontro con mulleres emprendedoras do rural.
José Manuel Mato, o candidato popular sinalou que “este vai ser o noso día a día, traer persoas ao noso Concello que axuden, como neste caso, aos nosos empresarios a encontrar solucións para seguir crecendo”.

Novas do PP

Novas das eleccións

Comentarios