Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ata a Policía Local ponse en contra do alcalde de Ponteceso

Ata a Policía Local ponse en contra do alcalde de Ponteceso
Uniformidade Policía Local - Concello de Cee

Dista moito de traquila a situación laboral municipal do Concello de Pomteceso. Queixas continuas dos sindicatos sobre servizos concretos como o da axuda no fogar ou sobre o caos laboral, personalización da propia Fiscalía… Agora, a Policía Local alza a voz contra o alcalde Lois Carballido (PSdG).

AUGPOL (Unión Galega de Policías Locais) vén de enviar unha nota en relación a las “desafortunadas actuacións do Alcalde de Ponteceso” contra o seu estamento. Os membros do colectivo lamentaron a decisión do alcalde de reducir os soldos dos policías ao soldo de 2015. Unha cuestión que este explica asegurando que “a Policía Local de Ponteceso é unha das que máis queixas xenera en toda Galicia, triplicando o número de multas do resto de concellos da volta”. Un “afán recaudatorio” que non deixa en boa imaxe aos profesionais…

Ante estas invitacións do alcalde á folga da Policía Local, a UGPOL faise as seguintes cuestións ante esta situación:

  • O PSOE como goberno de esquerdes quere baixar o soldo ao Policía e o argumento é que a Policía traballa. Preguntámonos se esta é a nosa clase política.
  • O destino das contías da sancións van á Caixa do Concello, a Policía non cobta nin sanciona, senon que é o propio alcalde quen ten competencia para sancionar e fixar a cantidade pecunaria das multas. Preguntámonos quen ten un afán recadautorio.
  • Obsrevación de docencia: as sancións por multasnon son impostos pois o imposto é un tipo de trbuto, ao igual que as taxas e os prezos publicos.
  • Observacións de xestión: se non hai sitio no centro de Ponteceso para estacionar, non é culpa da Policía Local, senón é culpa do goberno municipal que non fai actuacións urbanísticas e de sinalización para garantir un aparcamento rotarorio entre todos os veciños.

Así, a entidade pide unha reunión co alcalde de Ponteceso aos efectos didacticos e docentes.

Novas relacionadas



Fonte

  • UGPOL.

Comentarios