Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aurora, a muller xovial de 72 anos que deixou de repartir biquiños a expoñer arte na Costa da Morte

Aurora Figueroa
Aurora, a muller xovial de 72 anos que deixou de repartir biquiños a expoñer arte na Costa da Morte

Aurora María Jorge Vidal é oriunda da aldea pontecesana de Anllóns onde reside felizmente en “A Picota” xunto ao seu inseparable compañeiro de viaxes e aventuras José María Carrillo. Aos seus 72 anos, esta muller de espírito inquedo, creativo e emprendedor, puido desenvolver á fronte da súa tenda Biquiños, un dos negocios máis emblemáticos e coñecidos da Costa da Morte, dúas das súas maiores paixóns: o escaparatismo e os n e@s. Desde este referente da moda infantil da zona vestiu durante moitísimos anos e, practicamente desde que nacían ata que recibían a Primeira Comuñón, a tod@s os niñ@s do concello de Ponteceso e dos concellos colindantes.

”A etapa máis marabillosa da miña vida vivina na tenda Biquiños. Encántame o trato coa xente, os nenos e o escaparatismo. Collín unha época moi boa. Non tiven moita competencia na zona e por aquel entón había moitísimos nenos. Traballei moi ben coa xente da Costa da Morte, principalmente, cos veciños das aldeas. Xente moi fiel que confiaban en min para vestir aos seus fill@s. Creo que non hai nen@ que non pasase pola miña tenda, que non coñeza, que o trate con agarimo e ell@s a min”, recordaba con agarimo Aurora.

Recoñece telo pasado mal tras pensionarse. Durante dous anos encerrouse na súa casa onde dedicou máis tempo á pintura e as manualidades. A súa filla Inés, licenciada en Belas Artes, é a súa maior crítica. Un don e outra paixón que descubriu sendo moi pequena pero que aparcou tras casarse e nacer os seus tres fillos.

”Sempre fun unha nena moi protexida e sempre fixen manualidades coa miña nai. O meu pai era de Pontevedra e sempre nos traía materiais que non atopabamos por aquí. Faciamos de todo, a ganchillo, a calceta... Despois caseime, o traballo, os nenos... Agora teño tempo para retomar todas esas cousas”, engadiu.

Aurora de Biquiños e Aurora das amas de casa na actualidade, é como as formigas. Sempre está facendo cousas. Traballa como voluntaria para a Fundación Eduardo Pondal do mesmo xeito que a súa inseparable marido. Á súa vez, é a vicepresidenta das Amas de Casa de Ponteceso onde imparte clases e xestiona a asociación.

Voluntarios do Couto

”No verán participamos como voluntarios nos campamentos infantís que a Fundación organizou para máis de 240 niñ@s. Séntome moi querida pola xente pero tamén son a envexa das miñas amigas porque teño a sorte de que o meu marido apóiame e acompaña sempre en todo o que fago. Eu non son a Aurora de José senón que el é o José de Aurora” recordou cun sorriso.

A imaxinación e creatividade desta pontecesá corre máis que o pincel. A súa casa parece un museo cheo de murales e todo tipo de adornos e artesanía. Desprende arte polos catro custados. A pandemia non freou o seu espírito artístico, ao contrario, todo o que adorna, acubilla e arroupa a súa casa está feito por ela. Aurora ofrece a calidez dun fogar coas súas creacións e forma de ser. A familia é a súa maior debilidade. Gozar e compartir o maior tempo posible, principalmente, cos seus netos non ten prezo. Encántalle elaborar os accesorios necesarios para recibilos cunha preciosa mesa, principalmente, en Nadal, utilizando os recursos naturais que a contorna lle proporciona. A súa tenda Biquiños, aínda que pechada ao público, foi o escaparate das súas obras. É así como Julia Ures, membro de Ponteceso Cultura Permanente, descubriuna e contactou para expoñer as súas obras no Bar O Cruce de Ponteceso desde o 20 de outubro ata o 15 de novembro. recibiu unha gran aceptación, para a súa sorpresa, vendendo gran cantidade das pezas expostas.

”Ao principio dábame vergonza expoñer en público pero agora estou realmente satisfeita. comprobei que o meu traballo gustou moito. Estou realmente contenta coa experiencia”, comentou.

Desde a aparición do Covid 19, non se suscita proxectos a longo prazo senón que vive o día a día. En tales momentos segue traballando co papel e centrada nos Nadais. A Fundación Eduardo Pondal levará a cabo unha representación e recuperación dos oficios e artesanos da zona e Aurora optou pola temática navideña para presentar, a través do papel reciclado, o nacemento.

Obras de Aurora Figueroa

Outras entrevistas persoais de Alejandra Plaza

Comentarios