BNG e ANOVA piden responsabilidades á Xunta ante a sentenza do TSXG que anula a autorización do P.E. do Roncudo
O pasado venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitía unha resolución que pon contra as cordas as política eólica da Xunta. Unha sentenza que anula a aprobación da Xunta ás obras de repotenciación do Parque Eólico de Corme, cuias obras foron desenvoltas durante o confinamento, gracias á que a Xunta acurtou os prazos irregularmente, segundo versa o TSXG.
A desfeita xa está feita, pero pode ser un paso fundamental para evitar que a Xunta siga utilizando a Lei 5/2017, a coñecida como “Lei de Depredación de Galicia”, para declarando de “interese especial” ducias de proxectos eólicos do país, coa intención tramitalos de forma prioritaria” e, por tanto, reducir de 30 a 15 días hábiles os prazos do procedemento de autorización administrativa previa e de construción, así como os do procedemento de avaliación ambiental e do proxecto sectorial.
Esta semana os que piden responsabilidades son o BNG e Anova.
BNG pide a comparecencia urxente do Conselleiro
O BNG pide xa a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para reclamar a “derrogación de todas as modificacións” legais realizadas pola Xunta, dende o ano 2009 e sobre a planificación sectorial.
O BNG denuncia o “modelo depredador eólico do PP” e considera que esta setenzan demostra “até onde está disposta a chegar a Xunta” para favorecer “de maneira descarada” os intereses das grandes empresas eléctricas. “A Xunta”, recalcou, “actúa como unha “xestoría” das grandes eléctricas e para isto leva 12 anos modificando as normas que regulan o sector como; a Lei de aproveitamento eólico, a Lei de iniciativas empresarias, tamén chamada “Lei de depredación” e a modificación da Lei de reactivación económica no 2021, co fin de favorecer ás empresas, eliminar os prazos e reducir as garantías de control e supervisión, por parte da administración”.
O BNG lembra ademais que este só é a primeira sentenza de moitas, pois o proceso de xudialización dos proxectos eólicos vai a continuar.
ANOVA denuncia a conivencia coas empresas
”Esta nova sentencia pon de manifesto unha vez máis que a única política da Xunta de Galicia no sector eólico é o negocio das grandes empresas do sector aínda que teña que pasar por riba da cidadanía, da paisaxe, do patrimonio ou da biodiversidade”, denuncian dende ANOVA.
“Cando xa está demostrado que non se dan as condicións de planificación, protección do territorio e participación cidadán nos procesos a Xunta de Galicia non pode seguir abocando a que a guerra xudicial sexa a única defensa. Debe parar esta desfeita e rectificar a súa política de espolio eólico”, declarou Antón Sánchez.
Novas relacionadas
- Xaneiro 21: O TSXG anula a autorización da Xunta das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, executadas durante o confinamento.
- Decembro 2020: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Decembro 2020: O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme.
- Setembro 2020: “Queren expropiar fincas que xa levan meses ocupadas polo novo parque eólico de Corme”.
- Abril 20: A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras.
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Novembro 19: "Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.