Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal

Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2022
Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal

Ponte cheo de actividade cultural arredor das Letras Galegas no Couto. O programa de Odezasete tiña o o foco de atención posto na entrega dos premios ‘Bos e xenerosos 2022’, eses galardóns da Fundación Eduardo pondal que recoñecen a labor polo coidado do patrimonio e a lingua ao longo dos anos.

Os nomes deste anos foron a arqueóloga Ana Romero no Dolmen de Dombate, que recibiu o premio a man de Valentín González Formoso.
O vicepresidente provincial, Xosé Regueira, fixo entrega do busto de Pondal á pintora e escultora muxiá Viki Rivadulla, pola súa obra reivindicativa de temas como o mar, a muller mariñeira e a súa cultura.
O director da Fundación Juana de Vega, o cabanés José Manuel Andrade Calvo; o físico e catedrático baiés da USC, Jorge Mira; e o fotoxornalista José Manuel Casal Sobrino completaron o elenco de escollidos.

Viki Rivadulla con Xose Regueira na Fundacoon Eduardo Pondal
Viki Rivadulla con Xose Regueira 

Luns e martes

O luns 16 de maio, ás 22.30 a Casa dos Veciños será o escenario para a representación da obra teatral “Badius”, representada por un elenco de afeccionados das terras de Labarta que levan 40 anos interpretando diferentes obras.

Xa para rematar o Día das Letras Galegas haberá unha dobre convocatoria na Casa dos Veciños. Ás 16.30 horas Rosalía Fernández, Suso Lista, Claudia Castro, Alexandre Nerium e Xurxo Souto serán a “Dose de reforzo” e ás 18.00 horas haberá concerto de Faia Díaz. A entrada para as actividades na Casa dos Veciños serán cun donativo de 3 euros por cada asistente.

Comentarios