Odezasete celébrase no Couto
A Fundación Eduardo Pondal, trala pandemia, trasladou o Festiletras, o meirande evento arredor das Letras Galegas de toda Galicia, para setembro. Este ano prevese unha festa espectacular en setembro, pero a entidade non quere deixar orfo o día das Letras Galegas. Así, xa comeza o programa “Odezasete” (coa colaboración do Concello, a Deputación e a Xunta) que tamén convirte en centro cultural a aldea do Couto e a vila natal do bardo Eduardo Pondal por uns días.
O sábado 14 realizárase un roteiro literario nas terras de Muxía, no que participaran Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira. Ese mesmo día, ás 22.30 horas a Casa dos Veciños acollerá o monólogo de Boniface Ofogo.
As actividades do domingo 15 serán na Fundación Eduardo Pondal, onde ás 12.00 horas está prevista a ofrenda floral e o acto de entrega dos galardóns Bos e Xenerosos 2022. Ademais poderá visitarse a exposición exterior “Corenta anos... cantas cousas non pasaron”.
O luns 16 de maio, ás 22.30 a Casa dos Veciños será o escenario para a representación da obra teatral “Badius”, representada por un elenco de afeccionados das terras de Labarta que levan 40 anos interpretando diferentes obras.
Xa para rematar o Día das Letras Galegas haberá unha dobre convocatoria na Casa dos Veciños. Ás 16.30 horas Rosalía Fernández, Suso Lista, Claudia Castro, Alexandre Nerium e Xurxo Souto serán a “Dose de reforzo” e ás 18.00 horas haberá concerto de Faia Díaz. A entrada para as actividades na Casa dos Veciños serán cun donativo de 3 euros por cada asistente.
Máis actividades arredor das Letras Galegas
- Santa Comba: Santa Comba pon o foco en Pepe de Xan Baña no 150 aniversario do seu nacemento.
- Carballo: Unhas Letras Galegas na rúa carballesa.
- Camariñas: Unha xincana para as Letras Galegas camariñás.
- Mazaricos: Poesía, teatro e natureza para as Letras Galegas de Mazaricos.
- Laracha: As asociacións, protagonistas nas Letras Galegas da Laracha
- Zas: Zas propón un completo maio de Letras.
- Malpica: Un mar de Letras e Tapas para Malpica.
- Fisterra: A monologuista fisterrá Mariña Lestón estréase sobre o escenario na casa co gallo das Letras Galegas.
- Embaixada.gal convoca unha nova actividade para o Día das Letras Galegas.