Venres. 19.04.2024
El tiempo

#BoseXenerosos: O rural segue vivo dende as Letras Galegas do Couto

Festiletras-Os Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2019
Os Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal 2019
#BoseXenerosos: O rural segue vivo dende as Letras Galegas do Couto

Arrincou o Festiletras. Arrincou unha semana de actividades no berce europeo das Letras Galegas. E fíxoo coa tradicional entrega dos Premios Bos e Xenerosos, ese xeito de recoñecer o traballo en prol da nosa lingua e da nosa cultura de catro persoeir@s senlleiros do noso país.

Nun acto conducido maxistralmente pola xornalista da Voz, Patricia Blanco, foron aparecendo os Isabel Aguirre (arquitecta e directora da ‘Escola Galega da Paisaxe’ da Fundación Juana de Vega), o actor carnotán Miguel de Lira, Rosario Álvarez (catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academa Galega) e o actor Carlos Blanco.

Todos demostraron o seu agradecemento de que un lugar como o Couto se acordase deles, demostrando de que o rural pode seguir vivo. O mesmo farán o mércores Lupe Blanco e Natalia Lema, despois de anunciaren o seu premio a Literatas 2019.

De seguido Rodrígo Romaní fixo voar ao cento de persoas (é certo que os mitines restaron algo de xente que nos últimos anos) que asisitiron á Fundación Eduardo Pondal, coa súa sublime arma a todos os asistentes co Voo da Pomba.

A música continuou na Casa dos Veciños e fíxoo cun cuarteto de luxo. Sabela Caamaño e Iria Ameixeiras demostraron o seu virtuosisimo ao acordeón e violín. Tamén a nova Irma Macías fixo unha actuación sobresaínte, pero a que verdadeiramente puxo a pel de galiña aos asistentes foi a asturiana Marisa Valle, que fixo unha das mellores actuacións dos últimos anos, meténdose ao público no peto e demstrando unha forza espectacular.

Marisa Valle no Festiletras 2019

A partir de xa, unha semana de completo programa cultural, de mañá e de tade, comezando por exemplo, na noite de luns, cunha contada da man de Celso Sanmartín ás 20:00h.

Antes, ao longo da mañá do luns estiveron Marilar Alexandre, Fina Casalderrey e Víctor Freixanes facendo sesións para o alumnado dos centros da comarca.

Festiletras 2019Fina Casalderrey no Festiletras 2019

O martes terá lugar un simbólico evento, o peche da primeira edición do programa “Malas linguas: activando falantes para o século XXI”, da Deputación da Coruña. Será a celebración da Lingua de Ouro, na Fundación Eduardo Pondal desde as 9:30 horas e contará unha vez máis coa presenza do persoal técnico de Normalización dos concellos da Coruña e daquelas persoas que queiran sumarse a esta reflexión colectiva en torno aos prexuízos e ás violencias no uso do galego na procura de camiños de traballo en común.
Consta a sesión dunha mesa de debate baixo o título Voces poéticas para a normalización lingüística coa regueifeira Alba María, o contador Celso F. Sanmartín, e Dores Tembrás de Apiario Editora. A partir das 12:00h, haberá xornada técnica e ás 14:30 horas rematará a xornada cun xantar popular.

Máis información

Máis novas das Letras Galegas

Máis novas do Festiletras

Comentarios