Botan a andar as sesións de lectura de relatos curtos no MACCMO
Cada mércores, o Museo de Arte Contemporáneo de Corme, abre as súas portas para acoller unha sesión de lectura no marco do ciclo “Un Mar de Relatos”. Un ciclo enmarcado no completísimo programa de verán da Asociación Cultural Insua de Viastela de Corme, e que xa ofrece outra finde moi interesante cun concerto de música clásica e un Encontro arredor de Mourelle.
O MACCMO é o espazo ideal para que cada mércores ás 12:30h, se lean relatos clásicos curtos para logo dar paso ao seu comentario ou coloquio. Con estas xornadas literarias promóvese así, a reflexión, o debate e a análise de diversos textos.
A iniciativa, dirixida a todos os públicos, deu comezo este mesmo mércores 14 de xullo, coa lectura da obra “A sirena na néboa” do autor Ray Bradbury.