Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Brantuas celebra este sábado a Festa do Raxo

festa-do-raxo-Brantuas 202
Brantuas celebra este sábado a Festa do Raxo
Este sábado 4 de xuño, a parroquia de Brántuas (Ponteceso) celebra a XXVII Festa do Raxo no Campo do Faro. Dende as 11 da mañá haberá sendas citas para todos os públicos. Comezarán ás 11, coa misa solemne. Logo, á 13h haberá un xantar no que non pode faltar o raxo, pero tampouco as empanadas nin a larpeira. Xa ás 18h, os grupos Charada e Alborada, xunto á disco móbil Impacto, porán a bailar ós asistentes coa súa música. A festa está organizada pola A.C Nosa Señora do Faro en colaboración coa
Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ponteceso.

Comentarios