Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un centenar de artistas encheron de pintura as parrroquias de Ponteceso

CERTAME Pintura Ponteceso 2022 4
Un centenar de artistas encheron de pintura as parrroquias de Ponteceso

As vilas de Ponteceso viviu onte un dos eventos culturais de maior proxección a nivel nacional no ámbito da pintura ao aire libre.
Trátase do Certame internacional Fernando Álvarez de Sotomayor, patrocinado polo Concello de Ponteceso, a Deputación da Coruña e o Certame Vilas en flor, que ten como obxectivo recoñecer as localidades galegas coas medidas máis innovadoras e
ambiciosas no ámbito da posta en valor da súa paisaxe urbana e rural.

En torno a un centenar de pintores e pintoras participan neste certame, que comezou a primeira hora da mañá sabatina en distintas localizacións de 14 parroquias da localidade.
Desde a preciosa paisaxe do Porto de Santa Mariña, ata o coidados xardíns e casas históricas do Campo da Feira da Trabe ou o Paseo Fluvial do Río Anllóns. Tampouco falta nesta cita a ponte de Ponteceso ou a Casa de Pondal, o Bardo de Galicia. Os pintores participantes tamén inmortalizarán a beleza da praia da Arnela, o Paseo Marítimo, a ribeira de Corme Porto coa súa artística fachada marítima ou o encanto do vello pobo de Roncudo, que da nome á Punta e ao famoso faro.

Ademais, durante toda a xornada desenvolvéronse diversas actividades lúdicas ou culturais, como música de pasarrúas e pasabares, danza tradicional ou sesión vermú. A xornada reatou coa exposición e venda de cadros non premiados.

Foi o Beni Rodríguez (Xixón) o gañador do primeiro premio, consistente en 3.000 euros.

CERTAME Pintura Ponteceso 20222

CERTAME Pintura Ponteceso 2022 5

CERTAME Pintura Ponteceso 2022 3

CERTAME Pintura Ponteceso 2022

Comentarios