O cole de Corme viviu o 8M
11:54 12/03/21
As charlas sobre igualdade nos centros educativos de Ponteceso, co gallo do Día Internacional da Muller, estendéronse durante toda a semana. A última cita chegou no CEIP As Forcadas de Corme e nas escolas unitarias coa realización de varios obradoiros sobre igualdade co alumnado.
Ademais das charlas, cada neno e cada nena recibiu un neceser cunha frase conmemorativa da data.