Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comenza o proceso de expropiación para a rotonda de Valarés

Comenza o proceso de expropiación para a rotonda de Valarés

Que longos son os procesos para as obras públicas. Aló por febreiro aprobaban a obra da rotonda de Valarés. Pois hoxe aínda nos confirman que se o Diario Oficial de Galicia publicaba onte o decreto polo que "declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da mellora do acceso de Valarés", no concello de Ponteceso.
Que significa isto? Pois que comeza o proceso de expropiación, que afecta catro predios.
As expropiacións son necesarias para executar a glorieta de 28 metros de diámetro (diámetro mínimo que se establece na Orde circular de accesos nas estradas convencionais de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia) e para entroncar os carrís de entrada, especialmente o ramal procedente de Corme na AC-424.

A rotonda ubicarase na estrada Ponteceso-Corme (AC-424) no punto quilométrico 1+550 coa DP-6803, na intersección que dá acceso á praia de Balarés. E intentarán licitar as obras no mes de xuño deste ano. O investimento da Axencia Galega de Infraestruturas para a execución desta mellora de seguridade viaria elévase a máis de 160.000 euros (163.907).

Necesidade da mesma

Só fai falla pasar por aló para decatarse da necesidade da rotonda. Actualmente, existe unha intersección coa estrada provincial DP-6803 en forma de T, sen carrís de espera, polo que a incorporación dos vehículos resulta dificultosa. Ademais, existe unha curva de raio reducida, polo que o risco de accidentes é elevado.
A esta situación únese á falta de visibilidade no cruzamento, deficiente dende calquera dos movementos que se realicen neste punto, xa que a intersección actual se sitúa en pleno centro da curva de raio reducido, tal e como se aprecia na imaxe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios