Venres. 23.08.2019
El tiempo

Comunicación do século XXI nos Polígonos de Vimianzo e Ponteceso

Comunicación do século XXI nos Polígonos de Vimianzo e Ponteceso
As empresas dos polígonos de Vimianzo e Ponteceso poderán dispor de internet de ata 350 megas con R e o Plan de Banda Larga da Xunta O operador de cable resultou adxudicatario da primeira liña de axudas para conectar estas redes ultrarrápidas a 81 superficies empresariais galegas, dentro do Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia impulsado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Así, empresas dos polígonos de Vimianzo e Ponteceso xa están conectadas a estas redes ultrarrápidas. Dende 2016 outros 14 polígonos da provincia da Coruña quedaron cubertos coa rede de fibra óptica de R e prevese conectar tres recintos coruñeses máis antes do peche deste ano. O polígono de Vimianzo rexistrou un aumento de empresas no último ano e medio O polígono de Vimianzo rexistrou un aumento de empresas no último ano e medio R tamén ten previsto ofrecer servizos de valor engadido para videoconferencias, servidor virtual e outros orientados á eficiencia enerxética ou ao control de intrusións nas edificacións nestes recintos empresariais As empresas presentes nos parques empresariais de Vimianz e Ponteceso están así  conectadas ás redes de última xeración de R. Isto permitiralles acadar velocidades de acceso á rede e, parellamente, tirarlle o máximo partido a diversos servizos tecnolóxicos de valor engadido. A maiores destes polígonos, dende o ano pasado quedaron tamén conectados a estas redes ultrarrápidas outros 14 parques empresariais da Coruña e prevese que a remate de 2017 sexan un total de 20 os recintos preparados para recibir os servizos de última xeración do operador galego nesta provincia. As empresas destas superficies empresariais poderan contratar, segundo a empresa, servizos de Internet por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Os accesos ultrarrápidos á rede representan un paso substancial para as empresas da comarca á hora de competir en mercados de dentro e fóra de Galicia. Ademais, desta volta R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas será o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.  

Comentarios