Marcos Señorís, entre os 5 mellores "Canguros Matemáticos" de todo o estado

13:57 30/05/25
Segue demostrando a Costa da Morte que ten un talento tremendo en temática STEM. Así o vimos de comprobar da man de Marcos Señorís, alumno do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, que acadou o 5º posto no concurso estatal “Canguro Matemático”.
Como estudante de 2º de bacharelato, é un dos cinco gañadores desta proba que se celebra anualmente na maioría dos institutos de España. Os campións disfrutarán dun campamento en Fresno de La Fuente (Segovia) e recollerán o seu premio o 21 de xuño na celebración que terá lugar en Burgos.
O IES Eduardo Pondal celebra, por segundo ano consecutivo, a clasificación dun dos seus alumnos neste torneo, xa que o curso pasado Alexander Costa obtivera un 5º posto empatado co 3º.