venres. 30.05.2025
El tiempo

Teresa dos Cucos visita a Tenda dos Libros

Teresa dos Cucos Mestre da Memoria
Teresa dos Cucos, Mestra da Memoria
Teresa dos Cucos visita a Tenda dos Libros

O vindeiro venres 30 de maio, despois de paricipar pola mañá no Encontro foliadeiro con 4 institutos de Carballo, a cantareira malpicá Teresa dos Cucos visitará a libraría A Tenda dos Libros en Ponteceso. O acto terá lugar ás 20:00 h e será de asistencia libre.

Con este acto a libraría pondaliana homanaxear ás mulleres que foron elo de transmisión fundamental na transmisión da literatura oral en galego e que este ano foron homenaxeadas pola RAG dedicándolles do Día das Letras Galegas.

Teresa dos Cucos e un dos exponentes desta última xeración que aínda participou en foliadas. Os seus cantares son inspiración fundamental para as novas xeracións de cantareiras e cantareiros que acoden a Teresa para aprender cantigas, melodías ou ritmos polo que a súa obra está presente nos repertorios de moitos artistas actuáis de primera orde como Tanxugueiras, Sés, Mercedes Peón, Xurxo Souto ou Xabier Díaz. Este último artista incluíu no seu último traballo una cantiga cantada por Teresa, a Xota dos Cucos.

Participou en programas de televisión coma Luar ou Alalá, foi galardoada como Mestra da Memoria pola Asocuiación de Escritores en Lingua Galega e este ano foi una das tres seleccionas por Aceites Abril para aparecer na súa campaña publicitaria do Día das Letras Galegas.

Comentarios