Luns. 18.11.2019
El tiempo

Mariscar as fins de semana en función da marea, a mexilla, a Festa do Percebe ou a grúa, os fitos dun ano das novas confrarías

Percebeiras de Corme-Foto-Jose Ramon Varela para Gastronomiaalternativa
Percebeiras de Corme-Foto-Jose Ramon Varela para Gastronomiaalternativa
Mariscar as fins de semana en función da marea, a mexilla, a Festa do Percebe ou a grúa, os fitos dun ano das novas confrarías
Mariscar as fins de semana en función da marea, a mexilla, a Festa do Percebe ou a grúa, os fitos dun ano das novas confrarías

Esta pasada semana a Xunta anunciaba que o novo decreto do marisqueo organizarase en torno a plans trianuais e permitirán traballar fins de semana en épocas especiais (campaña de nadal ou semana santa), en función das mareas. O que non sinalaba a Xunta e que esta foi unha das maiores esixencias do sector durante o pasado mes de decembro, cando ducias de confrarías se xuntaron para esixir que en épocas como o Nadal se abrise a man en canto aos días de traballo. “As mareas son as teñen que definir os días de traballo, non se son laborais ou festivos”, explica Roberto Vidal, patrón maior de Corme, satisfeito coa nova medida pero expectante a ver cando se publica.

Nesa mesma liña pregúntanse se cabería a posibilidade de establecer topes semanais para os percebeiros, en vez de topes diarios, porque hai semanas que se contraen os días de traballo polo tempo.

Un patrón que cumple un ano no cargo. “Foi un ano de choio”, recoñece, pero fica satisfeitos coas accións máis importantes. “A Festa do Percebe, ao ser o noso primeiro ano, deu moito traballo, pero quedamos satisfeitos porque foi todo un éxito. Ademais conseguimos cambiar a Grúa, e aí temos que recoñecer que a Xunta respondeu á primeira”, apunta.

Parón biolóxico

Vidal recoñece que na Agrupación de [email protected] de Corme “hai moi bo rollo”. E iso que as idades e as realidades son moi diferentes, entre as señoras que levan ducias de anos traballando a pé, e as novas xeracións que soen ir en embarcacións ás rochas.

Un bo rollo que se traduce nunha posible decisión case que unánime: un parón de xaneiro a abril para a recuperación do percebe. “Todos e todas notamos unha baixada do tamaño do percebe, e cremos que pode ser moi positivo facer un parón de varios mess a comezos de ano”.

Avances na Mexilla

O que tamén parece que pode ir adiante é a petición da confraría de Corme, á que se uniron ducias de confrarías da zona, para establecer controis á extracción da mexilla. A que serve de semente para o sector bateeiro non ten ningunha restrición nin control, polo que os pósitos xa enviaron as súas propostas e esperan que a Consellería e o sector as analicen para formalizar novos avances.

Unha situación que permitiría aos [email protected] de Corme alterar o parón biolóxico do percebe coa extracción da propia mexilla, o que evitaría tantos meses sen traballo. En todo caso, a extracción da mexilla debería ser coordinada, porque son zonas complicadas, e seguramente os percebeiros máis novos poderían deixar as zonas menos perigosas ás percebeiras de terra, porque subir sacos de 20 kg polos cantís arriba, non é doado.

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios