Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Corme volve acoller as Xornadas sobre contaminación luminosa

Xornadas de Contaminacion Luminosa de Corme
Corme volve acoller as Xornadas sobre contaminación luminosa

A Asociación Insua de Viastela organiza, por cuarto ano consecutivo, as IV Xornadas de Contaminación Luminosa. “4 anos intentando concienciar á xente dun problema do que non nos damos moita conta”, relata Suso Lista, que volve contar con Martín Pawly, da Agrupación Ío, e Fins Eirexas, de ADEGA, dúas persoas que máis saben do noso ceo en Galicia.

Tamén estará, pero desta volta como público, Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra, que non quere faltar a esta cita na súa casa galega.
Unha cita na que esperan unha maior presenza dos técnicos e responsables municipais, unha vez que a comarca parece decidida a afianzarse como Destino Starligh, algo que non se reflicte na participación de persoas responsables nestes eventos con verdadeiros especialistas.

A cita será este venres 16 de agosto no Museo de Arte Contemporánea MACCMO da Costa da Morte a partir das 19:00h, e proxectarase o documental “Noites do Norte, Ceos estrelados”.

Edicións anteriores

Máis novas

Comentarios