Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Os técnicos dos Concellos preocúpanse, por fin, pola contaminación luminosa

CMAT_DOMBATE-Charla contaminacion luminosa. 2
A xornada tivo lugar no Dolmen de Dombate
Os técnicos dos Concellos preocúpanse, por fin, pola contaminación luminosa

Semella que os Concellos da Costa da Morte, por fin, demostran o seu compromiso coas accións comúns en materia turística. A CMAT, o ente público-privado que xestiona o noso xeodestino, convocaba unha xornada informativa destinada aos rexedores/as e aos técnic@s sobre o problema da contaminación luminosa. A meirande parte de rexedores e rexedoras “non puideron asistiir" pero si acodiron técnicos dos 17 concellos do Xeodestino.

Con moito interese, escoitaron nesta xornada de concienciación a profesionais como físico Jorge Mira ou Susana Malón, alertar dos perigos da contaminación luminosa, mentres a comarca se intenta situar como destino Starlight e como destino de turismo astronómico.

O presidente da CMAT, Manuel Muíño, comezaba lembrando que este tipo de xornadas “serven para que todas e todos, sector público e privado, nos concienciemos sobre o problema da contaminación luminosa. É importante escoitar ás voces expertas e deixarnos aconsellar polos profesionais que traballan día a día neste sector”.

Trala primeira intervención, foi a quenda do físico Jorge Mira, Catedrático de Física Aplicada da USC, quen fixo fincapé na necesidade de reducir a contaminación luminosa para mellorar a saúde e o benestar xeral: “Esta problemática vai máis aló do eido turístico, ten que ver co benestar da veciñanza. É un problema que é necesario abordar, pois unha noite escura forma parte do ciclo natural do ser humano. Por isto é importante controlala”.

Foron tamén moi ilustrativos os relatorios de Susana Malón, CEO de Lumínica Ambiental e de Miguel Barcelona, Director Nacional de mantemento e eficiencia enerxética de Ingesan. A primeira dedicou a súa quenda aos aspectos máis técnicos da iluminación pública e, o segundo, a asesorar aos asistentes sobre as vantaxes que unha empresa de servizos enerxéticos (ESE) pode ofrecer á hora de modificar o alumeado público para que os concellos poidan ser máis sostenibles e eficientes.

Unha mesa redonda sobre as oportunidades do astroturismo

CMAT_DOMBATE-Charla contaminacion luminosa

Despois das intervencións, foi a quenda dunha mesa redonda sobre as oportunidades que o astroturismo ofrece para a Costa da Morte como Destino Starlight na que participaron o propio Jorge Mira; Marta Rodríguez, da Secretaría técnica da CMAT e José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiños. Os tres coincidiron na boa labor que desde a CMAT se está a facer para mellorar a concienciación sobre as oportunidades do astroturismo para a contorna. Non só para desestacionalizar o turismo, senón tamén como xeito de concienciarnos sobre a importancia de coidar a luz nocturna.

Marta Rodríguez, da Secretaría Técnica da CMAT e xestora SICTED do destino Costa da Morte, fixo fincapé neste sentido en que a Costa da Morte “non é só un destino para gozar do sol e a praia nos meses de xullo e agosto. Queremos que a Costa da Morte sexa máis que isto, e ser Destino Starlight ofrécenos grandes oportunidades, como por exemplo o VII Encontro Internacional Starlight que se celebrará a principios de outubro no noso territorio”.

A CMAT e a APTCM valoran moi positiva a implicación dos Concellos, e ademais do VII Encontro Internacional Starlight organizado pola Fundación Starlight, que se celebrará en outubro na Costa da Morte, a entidade pensa en facer novos eventos formativos para concellos e empresari@s.

Máis novas sobre contaminación luminosa

Comentarios