Gran éxito das exposicións de barcos antigos e de contaminación luminosa por Corme
Gran acollida este pasado mes de agosto ás exposicións que a Asociación Cultural Insua de Viastela tivo en Corme. A exposición de Barcos e Pataches do Anllóns xa rematou o seu paso polo Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte con gran satisfacción para todo o mundo, pois xerou moitísima expectación.
A exposición sobre contaminación luminosa sae á rúa cando vai bo día
Por outra banda, aínda está aberta a exposición sobre contaminación luminosa na Confraría de Corme. Unha exposición que chega da man da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que trouxo acompañada dunha charla máis que interesante, e que os días de sol, a entidade os saca á rúa, como esta pasada semana.
Está previsto que os paneis rulen polos bares, pero dende a Viastela lembran que a exposición está a disposición de calquera asociacion ou colectivo, que quera acollela. A Agrupación Ío estará encantada de seguila ensinando pola comarca.