Luns. 23.09.2019
El tiempo

O cormelán Jesús Ferreiro, nomeado Patrón de Honra da Fundación Philippe Cousteau

O cormelán, presidente da Fundación Titanic, foi nomeado Patrón de Honra da Fundación Philippe Cousteau / Unión dos Océanos
O cormelán, presidente da Fundación Titanic, foi nomeado Patrón de Honra da Fundación Philippe Cousteau / Unión dos Océanos
O cormelán Jesús Ferreiro, nomeado Patrón de Honra da Fundación Philippe Cousteau

Leva toda a vida adicada ao mar, e a Fundación Philippe Cousteau / Unión dos Océanos quere recoñecerlle. O actual presidente da Fundación Titanic, o cormelán Jesús Ferreiro, vén de ser nomeado Patrono de Honra da entidade estatal. Un nomeamento realizado no marco da exposición Titanic The Reconstruction, que estes días pódese visitar en Alacante.

Este importante nomeamento vén recoñecer a súa longa traxectoria xornalística, dedicada exclusivamente ao mundo da mar a través do seu mítico e laureado programa “Onda Pesquera”, emitido na COPE, RNE e a SER, onde Jesús Ferreiro recibiu os máis importantes recoñecementos, nacionais e internacionais, polo seu labor, non só xornalística, senón como medio de axuda humanitaria á xente da mar.

Na actualidade, como presidente da Fundación Titanic, está dedicado ao mantemento da memoria do “buque dos soños” non só a través da macro exposición Titanic The Reconstruction, senón tamén utilizando conferencias, edición de documentales, etc.

O nome de Jesús Ferreiro únese ao de Eduardo Pena Abizanda, Embaixador de España, e aos de Janice Cousteau, viuda de Philippe Cousteau, e ao dos seus fillos Alexandra e Philippe.

Novas relacionadas

Comentarios