Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén se manifestou contra o machismo de Rubiales

Higinia Vidal e Saskia lendo o manifesto contra o machismo no deporte-Foto.Criss Becerra
Higinia Vidal e Saskia lendo o manifesto contra o machismo no deporte-Foto.Criss Becerra
A Costa da Morte tamén se manifestou contra o machismo de Rubiales

E chegou ata a Costa da Morte a polémica crewada estas semanas polo presidente da Real Federación Española de Fútbol. O colectivo Feminismo en Pé uníase á serie de concentracións realizadas en toda España e mobilizaba a 4 clubs da comarca, para demostrar que o fútbol ten que cambiar, que o fútbol xa non é o dos “machirulos” como Rubiales.

Un cento de persoas achegáronse esta tarde de luns á praza do Recheo de Ponteceso. Nomeadamente xentes do Corme CF, do Ponteceso SD e tamén do SD Cabana e do SD Laxe. Foi Higinia Vidal, a presidenta do Corme, a que abriu o manifesto que despois leron xogadoras de varios clubs deixando patente “o seu compromiso contra o machismo e a loita pola igualdade entre homes e mulleres tamén no ámbito deportivo”.

O Manifesto remataba con berros como “Rubiales baboso, estamos con Hermoso”; “Fóra machistas do Deporte”; “A cancha e a granda tamén son nosas”; “non é un caso illado, chamarlle patriarcado”; ou “abonda xa a xustiza patriarcal”.

Concentracion contra Rubiales en Ponteceso-Foto.Criss Becerra
Foto.Criss Becerra

Manifesto

Desde o Colectivo Feminista Feminismo en Pé condenamos firmemente o tratamento histórico que se da por parte da RFEF ao fútbol feminino e ás súas xogadoras e, nomeadamente, as últimas actuacións do seu presidente Rubiales.
No contexto económico actual, o fútbol é principal deporte considerado das maiorías e tamén é un dos grandes negocios de enriquecemento das elites. Os escándalos da RFEF, de LaLiga e da FIFA son históricamente moi sonado neste Estado, tanto pola súa impunidade como pola gravidade dos feitos.
A elite futbolística non pode seguir facendo negocio baseándose na discriminación e sementando valores moi lonxe do “fairplay”, da igualdade e o traballo en equipo que debería promover o deporte e que se defenden desde os equipos base.
Presidentes acusados de corrupción que empregan os cartos en consumir prostitución e sustancias, consinten que se profiran insultos misóxinos nos campos, descoidan constantemente as equipas femininas, permiten insultos e faltas de respecto ás árbitras,... E agora temos un novo caso de anulación do protagonismo das mulleres para que este sexa absorbido por un exemplar do machismo máis retrógrado e rancio.
Non imos calar co misóxino de Rubiales, igual que o feminismo galego non calou co agresor de Santi Mina, non imos calar tampouco co corrupto de Louzán que xustificou estes días a agresión. Non imos consentir que o poder dos homes e a súa impunidade histórica continúe. Despois do vivido coa selección española de fútbol feminino e o presidente Rubiales (polo de agora suspendido temporalmente), ratificamos que o sistema está corrupto e que non vai haber igualdade mentre sigan os mesmos no poder.

 

Comentarios