O Couto volverá acoller a súa senlleira Escola de Verán

09:08 04/06/21
Este verán non faltará a Escola de Verán do Couto. A Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco poñen en marcha a 39º, si, 39ª, edición deste senlleiro campamento. Será do 3 de agosto ao 3 de setembro, cun horario de 11:00 a 13:30h para nen@s de 3 a 17 anos.
Haberá actividades de todo tipo, como Horto ecolóxico, contacontos, radio, saídas, cos pés na terra, saberes de muller, ciencias…
Podes descargar a autorización e levala á Casa dos Veciños ata o 26 de xuño.