Martes. 15.10.2024
El tiempo

Denuncian a carencia de servizos das praias con Bandeira Azul de Ponteceso

Izando a bandeira azul en Balares
Imaxe do izado a bandeira azul en Balarés hai unhas semanas
Denuncian a carencia de servizos das praias con Bandeira Azul de Ponteceso

Este verán volven lucir as Bandeiras Azuis nas praias da Ermida, O Osmo e Balarés. Pero non teñen todos os servizos escencias que deberían, segundo denuncian os edís non adscritos.

En Balarés, a mellor equipada, fallan case todas as duchas.

Máis grave é a situación na praia cormelá do Osmo, que segue sen estar adaptada para persoas con discapacidade, nin ten baños adaptados, nin rampa para acceso a zona de curas do posto, nin ten punto de electricidade no posto de salvamento, nin ten sistema de quecer auga, nin plans de emerxencia expostos, nin os resultados da calidade da auga no palen informativo.

Carencias que se repiten na praia da Ermida.

”Como é posible que con todas estas deficiencias se atreva o gran equipo de goberno a presumir de bandeiras azuis?”, pregúntanse os edís non adscritos.

Novas relacionadas

Comentarios