Denuncian que a entrega ao Sergas do Centro de Saúde de Ponteceso provocará despidos
Sae hoe á voz pública o PP de Ponteceso para denunciar que “a desafectación do Centro de Saúde de Ponteceso traerá despidos e máis gastos.” Indícao tras coñecer a intención do alcalde, Lois Carballido, de entregar ao SERGAS o Centro de Saúde de Ponteceso. Fondo Aguiar recorda que “o Concello conta coa axuda do Fondo de Cooperación Local para poder sufragalos”, e sobre todo lamenta “que non diga que se botarán á rúa a persoas do servizo de limpeza e mantemento do edficio, cando o PSOE e BNG presumen defender o emprego público e o sector público. As labores de mantemento e limpeza pasarán a mans privadas posto que o SERGAS non asumirá o persoal e eses servizos son asumidos por empresas privadas en todos os centros de saúde”.
”É una ganga para o Concello a desafectación?”, pregúntase o PP. “Se ata o de agora se reciben subvencións para sufragalo e ademáis se fixo una boa xestión durante estos anos, cremos que non é ninguna ganga, pois haberá que pagar despidos aos traballadores/as e crear conflitividade social onde non a había”. A todo esto sumar que se entrega un edificio dos veciños e veciñas de forma gratuíta.
Fonte
- PP de Ponteceso.