Luns. 07.10.2024
El tiempo

Denuncian un vertedoiro ilegal con material municipal en Ponteceso

Denuncian un vertedoiro ilegal con material municipal en Ponteceso
Vertedoiro en Ponteceso-Fotos- APIN

Continúa a polémica en torno aos vertedoiros ilegais en Ponteceso. A semana pasada a zona do campo doPinguel era protagonista na prensa, e hoxe, o grupo dos Independientes de APIN achégannos imaxes do que, aseguran, se trata dun "vertedoiro con material público nunha finca de propiedade municipal".

Segundo APIN, estas imaxes proceden dun espazo de monte situado "a tan só un metro de distancia do punto limpo, xa que o “almacén” municipal linda co mesmo no polígono de Ponteceso, e aí podemos atopar unha das maiores concetracións de lixo, restos de ordenadores, televisións, madeira, chatarra, restos de marquesinas de polo menos a década dos 90, partes de contenedores, canastas oxidándose cando o seu labor non é precisamente ese, porterías de fútbol, escenarios de actuacións, e un sinfín de material que con outro trato probablemente sería empregado en numerosos lugares".

Denuncia así o grupo “o civismo social, o bo facer e o bo emprego dos recursos” que ten o señor alcalde e o seu grupo de goberno.

Deste xeito, APIN solicitará "o acondicionamento do “almacen” muncipal do Concello e o coidado do material para que poida ser empregado de xeito racional e para os fins que foron creados".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APIN.

Comentarios