Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os edís non adscritos de Ponteceso fan a súa proposta para aprobar o POS ante a falta de negociación

Un pleno en Ponteceso
Os edís non adscritos de Ponteceso fan a súa proposta para aprobar o POS ante a falta de negociación

Analizabamos onte a situación do POS en varios concellos a poucas semanas de que teñan que ser aprobados en pleno. Uns investimentos provinciais que están xerando conflito no seo de corporacións divididas como as dePonteceso, o único concello de toda a Provincia que perdeu o investimento provincial o ano pasado, pola continua falta de negociación entre alcalde e oposición.

O panorama parece semellante neste 2022, pois a negociación segue a ser practicamente inexistente entre alcalde e oposición. Así o denuncian os edís non adscritos, que envían a súa proposta de obras unha vez que se consideran “ignorados” por Lois Carballido.

A proposta para investir os 463.231,73€ é a de incluír a obra de "abastecemento e saneamento de Lestimoño e a Bouza”, centrada en proporcionar servicios básicos a núcleos rurais que a estas alturas ainda carecen de saneamento, porque todos os veciños teñen dereito.

2 millóns ou 460.000€?

Os edís denuncian o engano do alcalde, que está sinalando nas redes que son 2 millóns de euros os que penden da aprobación en pleno do POS. “Pedísmoslle ao goberno que deixe de xogar cos veciños, que fale claro e que deixe de vender fume”.

Critican ademais que “o goberno elixe seguir aumentando a débeda, xa que o Concello ten un crédito de mais de 1 000.000 €, por pagar, e o alcalde prefire aumentalo en lugar de empregar o remanente en pagar as facturas entre elas as dos autónomos, que parece que agora non lle preocupan, e así evitar pedir outro crédito máis o banco, xa que non fai falta”.

Novas relacionadas

Comentarios