A división do pleno e a falta de negociación volven poñer en perigo o POS de Ponteceso
Xa foi o ano pasado o único concello da provincia que perdeu os investimentos provinciais do Plan de Obras e Servizos da Deputación. Pero as relacións entre os grupos municipais non melloran no seu do pleno e o POS volve perigrar neste 2022.
Así o denuncian os 6 edís non adscritos (o 46% do pleno) nun comunicado no que acusan ao alcalde Lois Carballido de “mentir e enganar aos veciñ@s” na “prensa amiga”. Queren explicar que o alcalde non negociou con eles ningún plan, e explican como foi o proceso.
Se ben corroboran que foron chamados a unha reunión, con previo aviso de apenas 24 horas, polo que os edís non puideron asistir pero si lle trasladaron o interese de chegar a un consenso de obras, propoñendo que se convoque a reunión cun pouco máis de antelación, tendo en conta que levan semanas de reunións.
Este póñense en xogo 443.000€ dun POS para o que os edís non adscritos as súa proposta, anticipando que, con só un apoio máis no pleno se acada a maioría plenaria e os veciños serán os beneficiados do POS. “Esas propostas estarán centradas nos maiores do municipio, no pago a proveedeores que sae a luz só cando interesa e en servicios esenciais”, explican.
Histórico do circo plenario pontecesán
- Decembro 21: O SAF tamén enreda o pleno pontecesán.
- Novembro 21: Os non adscritos lémbranlle ao alcalde de Ponteceso os quefaceres pendentes.
- Setembro 21: Volven lamentar a falta de diálogo do alcalde de Ponteceso ante un novo pleno.
- 30-07-2021: A xustiza obriga ao alcalde de Ponteceso a contratar a auditoría externa das contas municipais que aprobou o pleno<./li>
- Xullo 21: Sindicatos e oposición denuncian vexacións do alcalde de Ponteceso contra a Policía Local.
- 13-07-21: Denuncian a carencia de servizos das praias con Bandeira Azul de Ponteceso.
- 12-07-21: O PP de Ponteceso tamén denuncia ante a Fiscalía as gravacións na alcaldía.
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso pide axuda á Xunta para acabar con situación de ingobernabilidade.
- Xullo 21: A oposición pontecesá volve á carga contra un ausente alcalde.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.