Domingo. 17.11.2019
El tiempo

EMPREGO

Os Empresarios de Ponteceso animan á mocidade emprendora a tecer redes

Cota Junior para os empresarios de Ponteceso
Cota Junior para os empresarios de Ponteceso
Os Empresarios de Ponteceso animan á mocidade emprendora a tecer redes

Continúan espallando o seu traballo os membros da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe. Despois dun completo Nadal, e xa cunha nova campaña a piques de arrincar, a entidade quere axudar aos novos emprendedores a dar un empuxón ao seu negocio.

Nada mellor que asociarse para medrar (valga aquel “a unión fai a forza”, así o consideran dende a entidade, que abren as portas, con facilidades, aos [email protected] máis novos. Por iso, conscientes de que os comezos son difífciles, lanzan unha “Cota Junior” para [email protected] [email protected], que ademais de todos os beneficios que conleva formar parte da Asociación, supón un 50% de bonificación durante o primeiro ano, sempre que se cumpran 2 condicións:
- Non ter formado parte da Asociación con anterioridade.
- Que o teu proxecto empresarial leve en marcha menos de 2 anos.

Cota Junior para os empresarios de Ponteceso carteljpg

Novas relacionadas

Comentarios