mércores. 14.05.2025
El tiempo

Esta noite, Ponteceso marcha a pé

Esta noite, Ponteceso marcha a pé

O Concello de Ponteceso artella para esta mesma noite de xoves 7 de xullo, unha Marcha Nocturna a pé. A saída será dende a Praza do Relleno ás 22:30h da noite, para estar de volta ás 00:30h. A ruta irá polo paseo Fluvial, a parroquia de Tella e voltará cara a Praza do Relleno, sendo 8 km en total de dificultade baixa.

Documental sobre Ponteceso

Ademais, o xoves estará completo. A Concellaría de Servizos Sociais presenta na Fundación "Eduardo Pondal" no Couto, ás 17.00h, un documental sobre Ponteceso elaborado no programa "Documenta" por veciños e veciñas do noso concello que participaron na actividade.

Clausura do programa envelementamento activo

E tamén terá lugar a clausura das actividades do programa envellentamento activo dirixido a persoas da terceira idade que permitíu disfrutar aos asistentes de sesións culturais, deportivas, de informática e de estimulación de memoria. A clausura será tamén este xoves 7 á tarde na Casa da Cultura de Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios